jueves, 4 de marzo de 2010

INDALECIO LOMBAO, OLEIRO

Fonte: Culturagalega.ingo


Indalecio Lombao Gómez naceu o 3 de maio de 1920 en Bonxe, Outeiro de Rei (Lugo).Fillo de Domingo Lombao Varela e Josefa Gómez Parga, aprendeu os oficios de oleiro e músico, oficios tradicionais de Bonxe, o seu pobo natal. Participou na Guerra Civil e estivo na Batalla do Ebro. Unha vez finalizada, regresou a Oviedo e formou parte da banda militar.

Posteriormente, volveu a Bonxe e seguiu cos oficios de oleiro e músico, coñecendo nesta época á que sería a súa muller. A súa filla, Josefa Lombao Ferro, continúa coa tradición oleira.Ademais de ter formado parte da banda militar, tamén traballou en varias orquestras. No ámbito da oleiría conta con moitos anos de experiencia e unha amplísima obra. Posúe a carta de mestre artesán e a súa familia é a única dedicada á cerámica tradicional de Bonxe.Bonxe é un pobo de profunda tradición oleiría que tivo o seu maior auxe na etapa na que traballaban na oleiría cincuenta e seis dos sesenta veciños.