lunes, 14 de marzo de 2011

DETRÁS DUN HOME INCRÍBLE...



Din que detrás dun hombre brilante hai unha muller aínda máis brilante. No caso dos meus avós, Indalecio e Josefa, a realidade é que o amor que os uníu en vida foi tan forte, que catro meses e un día despois de despedir o oleiro máis coñecido de Bonxe, o día catro deste mes de marzo, Josefa Ferro, a nai nosa que tanto nos deu, decidiu seguir o camiño do avó, e reunirse de novo alá no ceo dos oleiros e dos músicos.

Recordo ben o orgullo co que falaba Indalecio da súa muller, "gustoume porque sabía bailar", recordaba sorrindo, pero está claro que algo máis uníu a esta parella de eternos namorados, a pasión pola olería, pola música, e pola súa familia, da que teño o grande honor de pertencer.

A olería de Bonxe existíu porque Indalecio seguíu a traballar nela, pero sen o alento de Josefa, a súa presenza e incondicional apoio, cecais o avó teríao pensado mellor, pois todo se consultaba ca súa querida compañeira.

Dóenos non tela máis entre nós, pero agora o avó volve a estar completo.

O amor nunca morre.

PARA SEMPRE BONXE.

Amalia M. Lombao.