miércoles, 29 de junio de 2011

V FERIA DE ARTESANÍA DE OUTEIRO DE REI



Aquí vos presentamos o PROGRAMA da V FERIA DE ARTESANÍA DE OUTEIRO DE REI, que se celebrará o sábado 2 de xullo.

12.00 H APERTURA de casetas, pasacalles e inauguración da Feira (Centro Urbano- Rúa Manuel María).
12.00H OBRADOIROS infantís e interxeneracionais. (Rúa Manuel María-Campo de Santa Isabel).
12.00 H. Apertura EXPOSICIÓNS de traballos realizados por veciñ@s participantes nos curcos de pintura do Concello. (Praza da Vila, ao carón do Concello).
12.45 H. ACTUACIÓN DA BANDA MUNICIPAL DE MÚSICA. Diante da Casa Consistorial.
13.30H. ACTUACIÓN do grupo de gaitas da ASOCIACIÓN CULTURAL “PENAS DE RODAS” (Campo de Santa Isabel)
14.00 H. XANTAR (Menú: Carne ao caldeiro e torta “Santa Isabel”. Posibilidade de mercar tamén empanadas, polvo á feira, doces variados…) Cada ticket do menú dará dereito a participar no sorteo que se celebrará pola noite.
17.30 H. Saída do BUS TURÍSTICO por Outeiro de Rei (previa inscripción na caseta do Concello). Diante da Casa Consistorial.
18.00 H. ANIMACIÓN a cargo do grupo de gaitas da asociación cultural “PENAS DE RODAS”. (Campo de Santa Isabel-Rúa Manuel María-Rúas do Centro Urbano).
18.45 H. EXHIBICIÓN canina de obediencia e defensa deportiva. Club deportivo “Gerión”. Campo de Santa Isabel (inmediacións da Capela).
20.30 H. ACTUACIÓN do grupo folk “QUEMPALLOU”. Campo de Santa Isabel.
21.00 H. CEA (do mesmo xeito que o mediodía).
22.30 H. SORTEO de 11 vales para comer en establecementos de hostelería de Outeiro de Rei e QUEIMADA POPULAR. Campo de Santa Isabel.
00.30 H. Espectacular sesión de FOGOS DE ARTIFICIO e peche da feira. Inmediacións da Casa Consistorial.

jueves, 24 de marzo de 2011

INAUGUROUSE O MUSEO DE BONXE



Onte, 23 de marzo, inaugurouse o Museo Indalecio Lombao e Josefa Ferro de Bonxe, pertencente ó Taller que xa leva funcionando máis de cinco anos nesta terra de oleiros.
Distintas autoridades acercáronse para interesarse polo Museo, entre elas a Presidenta da Fundación de Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, a Vicepresidenta da Diputación de Lugo, Lara Méndez, xunto co xestor da mesma, e o Alcalde de Outeiro de Rei, José Pardo Lombao.

A oleira, Pepa Lombao, agradeceu ós seus pais, Indalecio Lombao e Josefa Ferro, recentemente falecidos, as súa ensinanzas na arte de tornear, o amor que despertaron en Pepa pola olería, a dedicación de toda unha vida ao pobo de Bonxe, historia da que xa forman parte.


lunes, 14 de marzo de 2011

DETRÁS DUN HOME INCRÍBLE...



Din que detrás dun hombre brilante hai unha muller aínda máis brilante. No caso dos meus avós, Indalecio e Josefa, a realidade é que o amor que os uníu en vida foi tan forte, que catro meses e un día despois de despedir o oleiro máis coñecido de Bonxe, o día catro deste mes de marzo, Josefa Ferro, a nai nosa que tanto nos deu, decidiu seguir o camiño do avó, e reunirse de novo alá no ceo dos oleiros e dos músicos.

Recordo ben o orgullo co que falaba Indalecio da súa muller, "gustoume porque sabía bailar", recordaba sorrindo, pero está claro que algo máis uníu a esta parella de eternos namorados, a pasión pola olería, pola música, e pola súa familia, da que teño o grande honor de pertencer.

A olería de Bonxe existíu porque Indalecio seguíu a traballar nela, pero sen o alento de Josefa, a súa presenza e incondicional apoio, cecais o avó teríao pensado mellor, pois todo se consultaba ca súa querida compañeira.

Dóenos non tela máis entre nós, pero agora o avó volve a estar completo.

O amor nunca morre.

PARA SEMPRE BONXE.

Amalia M. Lombao.

jueves, 9 de diciembre de 2010

Oleiro de Bonxe, Mestre de Luz

Non existen para nós palabras para describir a tristura da túa perda. Os oleiros son persoas especiais, xente de campo e de terra, coas mans sempre abertas e o sorriso limpo. O teu espírito sigue cos que vivimos todos os días das nosas vidas escoitando a música que saía dos teus beizos. Aínda podo oír a túa risa, invadindo o espazo, que agora parece encollerse ante a túa ausencia. E a túa mirada franca, e sabia, que o dicía todo, para quen sabe entender.

Hoxe, os Lombao somos os que somos gracias a ti, prezado director de orquesta, aquel que soubo facer do AMOR unha escola, e non existe mellor regalo que o que temos: a familia que tí creaches.

Esa, sen dúbida, é a túa mellor obra.

Gracias avó, por trinta e dous anos de amor, liberdade e música.

Amalia Méndez Lombao.